Cidade diúrna, cidade nocturna
Outro punto de vista da cidade... e do ceo
Que ver polo día
O miradoiro de paisaxe do Pedroso é, sen ningunha dúbida, un dos mellores emprazamentos para contemplar, retratar e comprender a paisaxe da cidade de Santiago de Compostela. Un espazo para achegar outro punto de vista, para observar a paisaxe con calma, afastándonos do ritmo diario da cidade.
Na túa visita ao miradoiro atoparás un lugar privilexiado para percibir a súa paisaxe, para sentila, fotografala de modo panorámico e obter un recordo inesquecible coas mellores vistas da cidade, dos seus monumentos e da súa contorna natural.
O monte Pedroso representa, ademais, un espazo de alto valor patrimonial, histórico e natural, que tamén é considerado un lugar arqueolóxico de interese.
Ler máisPaisaxe >> territorio + cultura
Un miradoiro aberto á veciñanza compostelá... e a todo o mundo
Un proxecto singular adaptado especialmente á contorna do monte do Pedroso
Desde o punto de vista de arquitectura da paisaxe, o monte Pedroso é un escenario singular dado o seu patrimonio cultural, natural e o gran uso social, especialmente o lúdico, recreativo e deportivo.
O Concello de Santiago de Compostela, consciente da enorme oportunidade que representa o Pedroso como elemento de percepción de paisaxe para a cidadanía e visitantes, promove unha actuación de acondicionamento da contorna para recuperar parte da súa historia e potenciar o seu atractivo que dá como resultado o miradoiro da paisaxe do Pedroso.
Ler máis